SaaS
CIVIA opérase como servizo: a entidade traballa desde o primeiro día e recibe as versións novas sen ocuparse da infraestrutura.
- Instalación propia por entidade
- Copias de seguridade e supervisión
- Actualizacións planificadas
Chegar os últimos permítenos escoller sen hipotecas: intelixencia artificial desde a orixe, datos interconectados por deseño e unha arquitectura preparada para crecer con cada entidade.
Datos, permisos, procesos e integracións deséñanse desde a orixe para traballar con intelixencia artificial. Axentes especializados consultan procedementos e documentos, preparan borradores e propostas e traballan sobre obxectivos programados.
Cada axente ten definidas as súas ferramentas, os seus límites de execución e quen autoriza que. A entidade ve en todo momento que axentes hai e que poden facer.
A plataforma non depende dun único provedor de modelos: a entidade escolle con cal traballar, incluídos modelos propios, e pode cambialo sen refacer nada.
A IA propón e explica; as accións sensibles piden confirmación expresa, e a decisión administrativa e a sinatura seguen sendo humanas.
Expedientes, padrón, tributos, documentos e organización ofrecen ferramentas aos axentes, sempre cos permisos da persoa que os usa.
Un concello traballa con aplicacións de varios provedores e con servizos doutras administracións. CIVIA fai de ligazón entre todos: é interoperable de nacemento e non trata a integración como un engadido.
Cando ocorre algo no concello, CIVIA publícao como un evento e cada servizo interesado reacciona pola súa conta. As consecuencias desencadéanse por si soas, en paralelo e sen copiar datos dunha aplicación a outra.
Cada feito administrativo (unha solicitude, unha sinatura, unha resolución) publícase como un evento, e cada servizo interesado reacciona pola súa conta.
Liquidacións, asentos, notificacións e avisos desencadéanse por si sós a partir do feito que os orixina, sen copiar datos entre aplicacións.
O traballo pesado procésase en segundo plano, sen bloquear a quen atende, e cada servizo crece por separado segundo a carga.
Cada entidade ten os seus datos illados e os seus permisos, que se comproban no servidor en cada petición.
O mesmo produto e as mesmas capacidades na nube ou na infraestrutura da entidade. Nos dous casos, cada instalación ten a súa propia base de datos, a súa identidade, as súas copias e a súa configuración.
CIVIA opérase como servizo: a entidade traballa desde o primeiro día e recibe as versións novas sen ocuparse da infraestrutura.
CIVIA instálase na infraestrutura da entidade ou de quen lle presta servizo, co mesmo produto e as mesmas capacidades.
CIVIA parte dunha configuración base común: procedementos tipo, plantillas, calendarios e permisos xa resoltos. Un asistente guía a alta por bloques e mostra que está preparado e que falta.
Pártese dos seus datos públicos e da súa estrutura organizativa.
Organización, responsables, festivos locais e conexións cos sistemas existentes.
Procedementos tipo, plantillas, calendarios e permisos xa resoltos, listos para axustar.
Un asistente mostra que está preparado e que falta, e pódese retomar en calquera momento.
Preparamos unha presentación cos procedementos e servizos que máis lle importan, sobre un concello de demostración.